HomeCulturaUn outubro cultural en Bóveda

Un outubro cultural en Bóveda

O Concello de Bóveda programa un mes de outubro cultural repleto de actividades para todos os públicos. Como consecuencia da situación sanitaria será preciso inscribirse previamente a través do correo electrónico cultura@concellodeboveda.com ou do teléfono 982 42 61 77.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O venres día 9 de outubro ás 16:30 horas haberá un obradoiro de robótica para achegar aos nenos e nenas as tecnoloxías do futuro desde o centro cultural. Os participantes coñecerán os fondos científicos e técnicos dispoñibles na biblioteca municipal e levarán para a casa o seu propio robot. A actividade está dirixida a nenos e nenas de 9 a 12 anos e contará con 12 prazas.

O venres día 16 ás 16:30 horas, Trémola Teatro porá en escea ‘Nenas, moi valentes’ que versa sobre a historia de dúas nenas que unha noite de festa de pixamas descobren un libro de mulleres que fixeron historia. A actividade está pensada para todos os públicos e terá 30 prazas dispoñibles.

O venres día 23 ás 16:30 horas, Marta Ortíz presenta ‘Galicia Máxica. Homenaxe a Carbalho Calero’ a través de contos da tradición oral galega e lusófona. Poderán acceder todos os públicos ata completar un aforo de 30 persoas. O mesmo día 23, ás 20:30 horas, levarase a cabo o obradoiro ‘Cóntoche un baile’ a partir de música, baile e xogos tradicionais. É unha actividade recomendada para o público familiar na que poderán participar 20 persoas.

O sábado 31 ás 18:00 horas Rubén Pérez Pombo achega a Bóveda o Magosto de Teatro ‘A viaxe do Señor López’. Haberá 40 prazas dispoñibles para un público familiar a partir dos seis anos.

Todas as actividades se van celebrar no Centro Sociocultural de Bóveda previa inscrición. Para levar a cabo esta programación o Concello de Bóveda conta coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...