HomeCulturaExperimentos científicos na Biblioteca do Saviñao

Experimentos científicos na Biblioteca do Saviñao

A actividade celebrouse no colexio este venres, 2 de outubro, e estaba enmarcada dentro do programa Ler Conta Moito.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Experimentos científico-artísticos, baixo este título desenvolveuse na Biblioteca Pública Municipal do Saviñao a terceira das actividades que se presentou cunha serie de experimentos científicos sinxelos para o alumnado de 5º e 6º de Infantil do CEIP de Escairón.

Tratouse de cadansúa sesión sobre ciencia nas que o alumnado descubriu, da man de Fátima de Fatiropina, diversos conceptos científicos: a tensión superficial da auga e como rompela, a función do xabón e a auga na limpeza das mans para protexerse do coronavirus, a importancia da limpeza dos dentes sobre todo agora que usamos durante tanto tempo ao día as máscaras, como se crean novas cores a partir das cores primarias, que son os fractais e como podemos crealos.

Experimentos para os máis pequenos. Foto: BPM O Saviñao

Ao remate de cada sesión, aproveitando a diferenza de densidades entre o aceite e a auga e usando cores ao óleo flotando na auga, cada participante colocou unha tira de cartolina para crear un precioso marcapáxinas totalmente orixinal.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...