HomeCulturaO teatro volve a Monforte este xoves

O teatro volve a Monforte este xoves

O teatro volverá ser protagonista da actividade cultural deseñada polo Concello de Monforte no último trimestre do ano 2020, contando coas medidas de seguridade necesarias ante a Covid-19 para a realización de cada unha das actividades programadas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios correspondente ó segundo semestre de 2020 en Monforte de Lemos, este xoves, 15 de outubro ás 20:15 no Edificio Multiusos terá lugar a posta en escena da obra para adultos Bernarda, da compañía Malasombra Producións, obra de Jose Prieto e interpretada por Luisa Merelas, Celia González e Esther Aja.

O prezo da entrada xeral para esta obra será de cinco euros e tres para desempregados, xubilados e estudantes.

Sinopse

“Bernarda” é unha historia próxima, comprensible e universal. Todos coñecemos na nosa contorna a alguén como Bernarda, e todos temos un pouco de Bernarda no noso interior, porque ese choque xeracional entre pais e fillos é unha constante universal, e dependendo de que lado esteamos vemos a realidade de forma totalmente diferente.

Cando somos fillos queremos rachar coas normas que nos impoñen, e cando somos pais vémonos na obriga de ser nós os que as impoñamos, polo seu ben, e ese choque entre xeracións que conviven na mesma casa é inevitable.

Bernarda é unha muller dura e loitadora, produto da vida que lle tocou vivir, cunha infancia dura de posguerra que a forxou nuns principios ríxidos e inamovibles. Ao morrer o marido ten que asumir o papel de pai e de nai, e educa ás súas fillas como mellor sabe, como aprendeu, e todo o que fai non o fai por mal, todo o contrario, faino porque pensa que é o mellor para elas. As fillas, en cambio, non o ven así, aínda que como tamén entre elas son diferentes, discuten moitas veces sobre se no fondo Bernarda é pobriña ou é mala.

A seguinte obra do ciclo de teatro para adultos programado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte será Chola a it girl da compañía ArtesaCía que terá lugar o xoves 29 de outubro no Edificio Multiusos ás 20:15 h.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...