HomeCulturaEste xoves o teatro volve a Monforte

Este xoves o teatro volve a Monforte

O Concello de Monforte continúa co seu ciclo de teatro, dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios para o último trimestre do ano, cunha nova actuación este xoves 29 no Edificio Multiusos a partir das 20.15 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios correspondente ó segundo semestre de 2020, este xoves 29 de outubro ás 20:15 no Edificio Multiusos terá lugar a segunda cita co teatro para adultos coa posta en escena da obra Chola a it girl, da compañía ArtesaCía, obra composta, dirixida e interpretada por Laura Villaverde.

O prezo da entrada xeral para esta obra será de cinco euros e tres para desempregados, xubilados e estudantes. A obra preséntanos a Chola, mecánica de coches, blogueira e youtuber galega é contratada por un teatro para presentar o seu monólogo ó máis puro estilo de show escénico youtuber. A través da presenza no escenario do seu coche Opel Calibra do 2000 transmitirá, con exemplos prácticos e didácticos, estratexias para poder descubrir quen somos, que nos gusta, que nos divirte… e sobre todo, saber recoñecer de onde vimos.

A seguinte obra do ciclo de teatro para adultos, dentro da Rede de Teatros e Auditorios, programado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte será A conquista da escola de Madhubai da compañía Teatro do Atlántico que terá lugar o xoves 12 de novembro no Edificio Multiusos ás 20:15 h.

A venda de entradas farase dende unha hora antes da actuación. A entrada ó salón de actos realizarase dende trinta minutos antes do comezo da obra. Será obrigatorio o uso de máscaras de protección e a utilización da solución hidroalcohólica para as mans. Non se tomará asento ata que o acomodador lle indique o seu sitio.

ÚLTIMAS

Cuarta xornada de folga nas residencias privadas de maiores e centros de día

Como nas xornadas anteriores, desde a CIG informan que a folga estivo marcada polos...

Convenio de colaboración entre o Xeoparque Montañas do Courel e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

O Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel e o Colexio Oficial de Biólogos...

Concerto de acordeón no ciclo ‘Primavera Musical’ en Sober

Os amigos e amigas da música instrumental teñen o vindeiro 25 de maio unha...

O concello de Monforte requerirá a Aqualia para dar solucións integrais aos problemas de Escultor Francisco Moure e Reboredo

O contrato do concello de Monforte con Aqualia naceu no 2001, "xa dende o...