Emilio Rúa, o músico e compositor das Ventas da Barreira, en Riós, volveu ao Círculo Saviñao para ofrecerlle aos seus fans un recopilatorio dos seus temas primeiros, de éxitos en festivais, de temas que nunca chegaron a ser gravados, de temas propios e doutros da música popular galega.
Os seguidores do cantautor ourensán gozaron da actuación que se celebrou en horario de tarde, ás 20:00 h., para non interferir co estado de alarma e con portas abertas, bozos de protección, distancia entre grupos e redución de aforo.
Foi unha actuación impulsada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística dentro dunha das accións do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021.