HomeCulturaObradoiro de humor gráfico en Monforte

Obradoiro de humor gráfico en Monforte

Está destinado a rapaces que teñan inquietudes polo debuxo e a banda deseñada e programado para o sábado 21 de novembro ás 11 da mañá. A actividade enmárcase nas xornadas de fomento da lectura que organiza a Librería Pelayo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Partindo dunha presentación, na que o debuxante Xosé Manuel Fernández conta a súa propia experiencia, avanzarase para coñecer o máis básico e importante desta disciplina artística.

Diferenciarase humor gráfico de banda deseñada e sairán temas tan importantes como as fontes da imaxinación, a creatividade, consellos profesionais, aspectos máis técnicos como a linguaxe da banda deseñada… E para rematar, realizarase algún exercicio práctico.

Segundo informa a xerente da librería monfortina, Rocío ‘Peruchela’, o obradoiro empezará ás once da mañá do sábado 21 e só poderán estar de forma presencial tres cativos/as. Aínda así, será retransmitido a través das redes sociais en pequenos vídeos en diferido para que o poidan seguir moitos/as máis rapaces e rapazas dende as súas casas.

Librería Pelayo de Monforte / XdL

Xosé Manuel Fernández Montes é un galego orixinario de Quiroga pero con residencia actual en Monforte. Entre as súas dedicacións profesionais está o debuxo e a ilustración, disciplina que practica dende que era un neno.

A súa formación non é universitaria nin académica, basicamente autodidacta que se vai complementando con colaboracións e encargos de traballo semanais.

Entre as diferentes publicacións nas que ten colaborado está a coñecida revista humorística “Retranca”, o suplemento de humor “O Farelo” do desaparecido xornal A Peneira ou o xornal Galicia Hoxe do grupo El Correo Gallego. Dende o ano 2012 encárgase dunha sección semanal de humor do dixital Galicia Confidencial e dende 2015 fai viñetas para outro dixital, neste caso en castelán, Creando Tu Provincia.

Dende o 2015 ofrece obradoiros de coñecemento e aprendizaxe básicos sobre debuxo e banda deseñada. Dende 2017 forma parte das propostas do Ciclo “Ler conta moito” que promove a Xunta de Galicia cunha actividade sobre humor gráfico.

ÚLTIMAS

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...

O PP pide tomar medidas na apertura da liña Ourense-Lugo e condena a “desconexión” do Goberno de Sánchez coa provincia

O alcalde do concello de Pantón, José Luís Álvarez, trasladou aos deputados do PP...

Gourmet Gallego inaugura a nova tenda de Monforte

A apertura de Gourmet Gallego congregou a numerosos asistentes, entre eles clientes, provedores, amigos,...

Proxección de “La violencia invisible” e coloquio este 23 de novembro en Quiroga

Aproveitando a conmemoración do 25N, “Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero”,...