HomeCulturaTeatro para adultos este xoves en Monforte

Teatro para adultos este xoves en Monforte

O aforo máximo do Multiusos será de 120 persoas. Do mesmo xeito, a venta de entradas levarase a cabo 1 hora antes do inicio da obra, ata completar o aforo indicado, e a entrada do público ó Multiusos terá lugar media hora antes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios correspondente ó segundo semestre de 2020, este xoves 10 de decembro ás 20:15 no Edificio Multiusos terá lugar a quinta cita co teatro para adultos coa posta en escena da obra Curva España, da compañía Chévere, obra interpretada por Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Lucía Estévez e Leti Blanco. O prezo da entrada xeral para esta obra será de cinco euros e tres para desempregados, xubilados e estudantes.

Curva España trata sobre un crime aparentemente sen resolver, unha morte violenta que provoca sospeitas e interrogantes sobre os seus autores, motivacións e consecuencias. A partir da existencia de distintas versións sobre o caso, artellamos unha peza que ironiza sobre o formato documental combinando teatro e cine en directo, bebe do xénero policial e funciona como unha alegoría da construción do estado nación español coma se fose a promesa dun tren que nunca chegou. Porque a esta zona afastada España apenas chegou en forma de mito, e o mito fala da súa morte nunha curva.

A seguinte obra do ciclo de teatro para adultos, dentro da Rede de Teatros e Auditorios, programado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte será Poeta en Nova York da compañía Teatro baixo da area que terá lugar o xoves 17 de decembro no Edificio Multiusos ás 20:15 h, sendo o prezo da entrada xeral de 5 euros e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados.

Protocolo ante a Covid-19

Para o desenvolvemento deste ciclo de teatro que abranguerá de outubro a decembro do presente ano, o Concello de Monforte contará con medidas de seguridade e protección ante o Covid-19:

  • A capacidade do local dependerá da situación sanitaria no momento de cada actuación: nestes momentos o aforo máximo é de 60 persoas. 
    • A venda de entradas farase dende unha hora antes da actuación.
    • A entrada ó salón de actos realizarase dende trinta minutos antes do comezo da obra.
    • Será obrigatorio o uso de máscaras de protección e a utilización da solución hidroalcohólica para as mans.
    • Gardarase a distancia social de seguridade.

ÚLTIMAS

Premio ‘Lugo cambia o turismo lucense’ para o Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

O Pazo de San Marcos acolleu na tarde deste martes 29 de setembro a...

Folgoso do Courel comunica á Xunta o interese na residencia de maiores e facilítalle os terreos

Desde o concello de Folgoso do Courel aseguran que poden dar este paso despois...

A muralla medieval de Monforte, entre o deterioro e o bloqueo pola propiedade: o BNG pide actuar e a Xunta remite aos titulares

O deputado do BNG Iago Suárez formulou este martes na Comisión de Cultura unha...

Este 30 de setembro regresan os Faladoiros de Quiroga con recordos da vida no rural

A protagonista será Loyda López Pérez, unha emigrante retornada, que con sete anos marchou...