HomeCulturaTeatro afeccionado este domingo na Casa da Cultura de Monforte

Teatro afeccionado este domingo na Casa da Cultura de Monforte

O Concello de Monforte acolle a estrea da primeira das dúas obras do Ciclo “Argalladas” de teatro afeccionado, que organiza en colaboración coa da Deputación de Lugo. Así, este domingo 13 de decembro a Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro acollerá a representación desta obra a partir das 20.00 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte acolle a estrea da primeira das dúas obras do Programa Circuíto Teatro Afeccionado-Ciclo Argalladas, que organiza en colaboración coa Deputación de Lugo- Vicepresidencia.

Así, este domingo 13 de decembro a Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro acollerá a representación da obra, dirixida a público adulto, “As fillas de Eva” da compañía Nova Escena Teatro, a partir das 20.00 horas.

A entrada é gratuíta e o aforo máximo será de entre 40 e 50 persoas, dependendo si veñen convivintes, segundo a normativa vixente para este tipo de espazos e actividades. A entrada do público ó salón da Casa da Cultura terá lugar media hora antes do inicio da obra (19:30 h).

seguinte obra deste Programa Circuíto Teatro Afeccionado-Ciclo Argalladas será Hotel Desencanto da compañía Hipócrita Teatro, que terá lugar o sábado 19 de decembro na casa da Cultura ás 20:00 h, con entrada gratuíta ata completar aforo seguindo a normativa sanitaria no momento da actuación.

Protocolo ante a Covid-19

Para o desenvolvemento deste ciclo de teatro que abranguerá de outubro a decembro do presente ano, o Concello de Monforte contará con medidas de seguridade e protección ante o Covid-19:

  • A capacidade do local dependerá da situación sanitaria no momento de cada actuación: nestes momentos o aforo máximo será de entre 40 e 50 persoas. 
    • A venda de entradas farase dende unha hora antes da actuación.
    • A entrada ó salón de actos realizarase dende trinta minutos antes do comezo da obra.
    • Será obrigatorio o uso de máscaras de protección e a utilización da solución hidroalcohólica para as mans.
    • Gardarase a distancia social de seguridade.
    • Non se tomará asento ata que o acomodador lle indique o seu sitio.  

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...