HomeCultura"FelizIdade" no Ies A Pinguela de Monforte

“FelizIdade” no Ies A Pinguela de Monforte

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Olga Novo, profesora de Lingua e Literatura Galega do IES A Pinguela e Premio Nacional de Poesía 2020, ademais de Premio da Crítica de Galicia e da Crítica Española polo seu último poemario “FelizIdade”, vén de ofrecer un recital da súa obra ó alumnado de 1º de Bacharelato Humanidades do Ies A Pinguela.

A maiores deste último libro, recitou tamén de “A cousa vermella”, “Nos Nus”, “Cráter” e, como primicia, algún dos seus poemas de adolescencia cos que quixo animar ó noso alumnado a perder o medo a escribir e expresar sentementos. 

A poeta de Vilarmao, na Pobra do Brollón, foi docente nas universidades de Rennes e Lorient, na Bretaña francesa. Ademáis de numerosas colaboracións en revistas e antoloxías, é autora tamén das obras “A teta sobre o sol”, “Líquidos íntimos”, “Magnalia” e “Monocromos””, entre outros.

ÚLTIMAS

O pleno de Monforte vota este luns a dimisión de Tomé como alcalde

O pleno de Monforte de Lemos debaterá este luns a dimisión de José Tomé...

Tres proxectos da Deputación de Lugo potenciaron este 2025 o turismo sostible

A Deputación de Lugo potenciou este 2025 os encoros, o románico e as viaxes...

Oferta teatral para esta tarde en Taboada e Quiroga

O Concello de Taboada organiza na tarde deste domingo 28 de decembro unha obra...

Decoracións de Nadal no rural de Pantón

Dende o pasado sábado 13 de decembro, e ata pasar Reis, pódense ver as...