HomeCulturaContos eróticos na Pobra do Brollón

Contos eróticos na Pobra do Brollón

Tarabela Creativa leva o espectáculo "Divas de Diván" á Casa da Cultura este sábado 9 de xaneiro ás 19:00 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello da Pobra do Brollón pon fin á súa programación cultural ‘Nadal na Guimaralia’ co espectáculo “Divas de Diván”, historias da erótica galega a tres voces coas narradoras Vero Rilo, Ángeles Goás e Carmen Conde.

Esta mesma proposta estivo o pasado 5 de xaneiro no Círculo Saviñao onde, segundo conta o seu presidente, Enrique Sampil, “os seus contos eróticos gustaron ao público asistente, que celebrou e aplaudiu as historias picantes destas tres contadoras”.

A actuación, para público adulto, ofrecerase ás 19:00 h. na Casa da Cultura Olga Novo sendo preciso realizar unha reserva previa mediante unha mensaxe de WhatsApp ao número 650 624 828.

A actividade está financiada pola Área de Cultura da Deputación de Lugo nun ciclo de apoio aos concellos e ás asociacións da provincia para este pasado Nadal.

MÁIS SOBRE O ESPECTÁCULO

Nas culturas celta, babilonia, sumeria, etrusca, nipona, azteca, semita,
mesopotámica, exipcia, chinesa, xermánica, nórdica, lituana, grega e romana, o pobo rendeu culto a distintas deusas da sexualidade, os desexos e mailo pracer. En Galicia, nos tempos que corren, a carnalidade e o instinto teñen templo en case cada casa no corpo de cada muller. Non é o mesmo ser divinidade que diva…

Carmen Conde contando a súa historia enriba do escenario do Círculo Saviñao. Foto: E. Sampil

Por sorte, as divas que fan posible esta función son Vero Rilo, Ángeles Goás e Carmen Conde, tres narradoras que van contando as súas historias ‘picantes’ do imaxinario galego mentres pican queixo de tetilla, comparten uns chouriciños e proban unhas copas de licor café.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...