HomeCulturaExposición "O Fin do Camiño" en Monforte

Exposición “O Fin do Camiño” en Monforte

A Casa da Cultura Lois Pereiro acolle esta mostra que en 2019 percorreu todos os concellos do Camiño Francés en Galicia. Na edición 2020-2021 seguirá percorrendo os concellos dos Camiños Primitivo, Norte, de Inverno e Vía Kunig, ao seu paso pola provincia de Lugo.

Publicado o

- Advertisement -

Na inauguración, que tivo lugar o pasado 5 de xaneiro, a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, estivo acompañada por Xulio Xiz, presidente do Colectivo Egeria, asociación que organiza a mostra. A mostra conta coa colaboración do Concello de Monforte, co patrocinio da Xunta co programa “O teu Xacobeo” e coa participación da Asociación de Municipios del Camino de Santiago e Acogida Cristiana del Camino, da Catedral de Santiago, e da plataforma en internet GaliciaDigital, que desenvolveu a web do proxecto, cos contidos da exposición.

As fotografías son de dous importantes fotógrafos galegos -Eduardo Ochoa e Carlos Puga- que reflicten especiais visións dos Camiños a Compostela, arredándose das visións turísticas e centrándose nos aspectos humanos e monumentais, dos que se destacan os detalles máis sobranceiros.

Os textos, redactados en galego, castelán e inglés, abordan o tema deO Fin do Camiño” como expresión dos sentimentos que moven ao peregrino a emprender este Camiño milenario, tendo capítulos especiais para o motor da fe, os máis de mil anos dos camiños ou o percorrido cara a unha terra de brumas e de luz.

Cada panel conta con brevísimas glosas do Camiño de Urbano Lugrís, Dante ou Frei Luis de León; Filgueira ou Pensado; Tirso, Machado, Fraguas, Pondal, Cunqueiro, Torrente, Cervantes, Celso Emilio ou  Manuel Rodríguez López.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...