HomeCulturaO teatro protagoniza a actividade cultural do primeiro trimestre do ano en...

O teatro protagoniza a actividade cultural do primeiro trimestre do ano en Monforte

O teatro volverá ser protagonista da actividade cultural deseñada pola concellería de Cultura de Monforte para o ano 2021. No primeiro semestre deste contarase con cinco representacións de compañías profesionais dirixidas ó público adulto e representaranse entre os meses de xaneiro e abril.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Todas as representacións da rede de Teatros e Auditorios levaranse a cabo no Edificio Multiusos ás 20:15 h. O prezo da entrada xeral será de cinco euros e de tres euros para estudantes, desempregados e xubilados, e a súa venda realizarase dende ás 19:15 horas.

Programación para público Adulto: 

  • O mozo da última fila de Redrum Teatro, o xoves 28 de xaneiro. 
  • O mel non caduca de Ibuprofeno Teatro, o xoves 25 de febreiro.     
  • Macbeth. O ruído e a furia de Estudo Momento, o xoves 11 de marzo.   
  • Feminíssimas da Compañía De Ste Xeito Prod., o xoves 25 de marzo.   
  • A lingua das bolboretas da Compañía Sarabela Teatro, o xoves 22 de abril.   

O Alcalde, José Tomé Roca, “anima ós monfortinos e monfortinas a que acudan a disfrutar desta programación de teatro do Concello de Monforte para o primeiro semestre deste ano, e que o fagan coa seguridade de que se atoparán coas medidas necesarias para garantir a súa seguridade ante a Covid-19, tal e como viñemos facendo no último trimestre do ano pasado”.

Protocolo ante a Covid-19

Para o desenvolvemento deste ciclo de teatro que abranguerá de outubro a decembro do presente ano, o Concello de Monforte contará con medidas de seguridade e protección ante o Covid-19:

  • É obrigatorio o uso de máscaras de protección e utilizar a solución hidroalcohólica para o lavado de mans.
    • E necesario gardar a distancia social de seguridade. 
    • A capacidade do local dependerá da situación sanitaria no momento de cada actuación.
    • A venda de entradas farase dende unha hora antes da actuación.
    • A entrada ó salón de actos realizarase dende trinta minutos antes do comezo da obra.
    • Será obrigatorio o uso de máscaras de protección e a utilización da solución hidroalcohólica para as mans.
    • Non se tomará asento ata que o acomodador indique o seu sitio a cada persoa.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...