HomeCultura"Teatro e mulleres" do grupo monfortino Teatreiras xa en Youtube

“Teatro e mulleres” do grupo monfortino Teatreiras xa en Youtube

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo puxo a disposición do público a través da súa canle de Youtube a representación da obra “Teatro e Mulleres” do grupo de teatro monfortino Teatreiras.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Teatreiras foi unha das quince compañías que participaron no circuíto de teatro afeccionado organizado desde a área de Cultura no 2020, unha convocatoria que se adaptou á situación sanitaria ofrecendo aos grupos a posibilidade de gravar a representación no caso de que a pandemia impedise realizar as actuacións con público.

A vicepresidenta, Maite Ferreiro, explicou que “propuxemos esta alternativa para animar aos grupos de teatro afeccionado a seguir coa súa actividade a pesar da incerteza sobre a situación sanitaria.  Para nós é prioritario que as asociacións e colectivos se manteñan activos porque son fundamentais para a vida cultural en parroquias, concellos e comarca”

“Por outra parte, estas gravacións tamén xeneran actividade e traballo para autónomos e pequenas empresas audiovisuais, un sector que tamén está a sufrir as consecuencias da pandemia”, engadiu a deputada de Cultura.

A obra, con guión da directora do grupo Francisca Abeledo, propón un achegamento á historia do teatro a través de personaxes femininos dos clásicos literarios, mulleres de ficción que compartindo o seu sentir, o pensamento e circunstancias reivindican a presenza femenina dentro do teatro. A representación, na que interveñen 14 actrices, conta con preto de 500 visualizacións.

Teatreiras, que ten a súa orixe nos obradoiros de teatro para persoas maiores que organizaba o concello monfortino a finais dos anos 90, comezou a tomar parte no programa de teatro afeccionado Buxiganga en 2015, estreando cada edición unha nova obra.

Accédese á obra desde aquí.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...