HomeCulturaO Ateneo Casino homenaxea a Lois Pereiro no 25 aniversario do seu...

O Ateneo Casino homenaxea a Lois Pereiro no 25 aniversario do seu pasamento

O Ateneo Casino de Monforte, que anunciou recentemente un novo rumbo como centro cultural, celebrará a obra de Lois Pereiro con motivo do 25 aniversario do seu pasamento.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A partir do día 16 de febreiro, día do nacemento de Lois, publicaranse nas redes sociais do Ateneo Casino unha serie de vídeos nos que participan xente do mundo das letras como Manuel Rivas, Olga Novo, Claudio Rodríguez Fer ou Ledicia Costas; músicos como Abe Rábade e Mercedes Peón, xente vinculada ao audiovisual como Alfonso Zarauza, Miguel de Lira ou Martiño Rivas, xornalistas como Antón Losada, ademais de persoas do mundo do deseño, a edición, educación…

As palabras irán acompañadas con imaxes do cineasta, Manuel Valcárcel. Os vídeos que avanzan as lecturas dos poemas de Pereiro serán publicados en catro entregas o martes 16 e mércores 17, ás 12:00h e 20:00h. Poderán verse nas contas de Twitter, Instagram, Facebook e YouTube do Ateneo Casino de Monforte.

Para participar da iniciativa, aberta a todos, porase en marcha o cancelo #LP25anos para que a xente suba os seus propios vídeos tributo a Lois Pereiro. A campaña virtual estenderase entre a data do nacemento de Lois Pereiro, o 16 de febreiro, e o Día da Poesía, o 21 de marzo. “Nos últimos días recibimos un aluvión de adhesións, vídeos e agarimo de multitude de lugares, dentro e fóra de Galicia, o que demostra a vixencia e importancia da figura de Lois e a súa potencia para facer de Monforte un referente”, comentan desde o Atenedo Casino. “Vemos, ademais, como ten moita devoción entre a xente nova. É unha poesía que segue a captar novas lectoras, polo que queremos animar a todo o mundo a que participe subindo os seus propios vídeos”.

Haberá máis actividades vinculadas a este efeméride, en toda Galicia, a medida que a situación sanitaria o permita. A presidenta do Ateneo asegura que “a reivindicación da figura de Lois é fundamental na programación deste ano no Ateneo Casino, así como as actividades relativas á Ribeira Sacra e o Camiño de Inverno, temas tamén cruciais neste 2021”.

ÚLTIMAS

“A marcha nórdica activa o 90% da musculatura e, se sorrís, o 100%”, Alberto Fidalgo, subcampión do mundo

Alberto Fidalgo cóntanos que dende pequeno sentiu atracción polos deportes de montaña e natureza,...

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...