HomeCulturaTeatro este semestre en Monforte

Teatro este semestre en Monforte

A Xunta promove ata xuño cinco actuacións escénicas en Monforte de Lemos, no marco da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA). As funcións organizadas en colaboración co Concello desenvólvense no Edificio Multiusos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta semana tivo lugar a representación de O mel non caduca, de Ibuprofeno Teatro. A obra xira arredor da obsolescencia programada, da relación do ser humano cos obxectos e da degradación do planeta.

Xa en marzo, o día 11 exhibirase Macbeth. O ruído e a furia, de Estudo Momento. A compañía ofrece unha traxedia entretida e popular, con atmósferas de néboa, chuvia, escuridade e misterio, versos de terra, vento e sangue, e meigas que se transforman en feiticeiras retranqueiras. O 25 dese mes será a quenda de De Ste Xeito, con Feminíssimas, unha creación colectiva coa amizade como fondo e o feminismo como forma.

O día 22 de abril está prevista a representación de A lingua das bolboretas, de Sarabela Teatro, na que o espectador será testemuña do proceso de aprendizaxe que emprende o protagonista da man do mestre de escola, así como da traxedia que supuxo vivir con medo e do cru impacto do estoupido dunha guerra civil. Finalmente, o 27 de maio, chegará O mozo da última fila, de Redrum Teatro, unha reflexión sobre a necesidade de contar historias, a fascinación polas vidas alleas e a lexitimidade da creación artística.

A carteleira cos horarios pódese consultar no web da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e en Cultura de Galicia

Máis de 300 actuacións en 40 concellos

Deste xeito, a Rede Galega de Teatros e Auditorios retoma a actividade, suspendida nas últimas semanas por mor das restricións da covid-19, como o programa cultural máis intenso e extenso de todos os promovidos pola Xunta. Cómpre salientar que a programación total deste primeiro semestre ofrece máis de 300 actuacións musicais e escénicas en 40 concellos da Rede, coa participación de 110 formacións artísticas profesionais. Mobilízanse así contratacións por valor aproximado dun millón de euros, cofinanciados entre a Xunta e os concellos asociados.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...