HomeCulturaO CEIP do Incio bautiza os espazos do centro cos nomes das...

O CEIP do Incio bautiza os espazos do centro cos nomes das mulleres de referencia da contorna

Alumnos e mestras elixiron a varias mulleres nadas no Incio, preto do Incio ou con algunha relación co Concello para dedicarlles diferentes espazos do centro, como as aulas, o salón de actos, o pavillón ou a biblioteca.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As mulleres escollidadas para nomear os diferentes espazos do centro e das que se ofreceu ao alumnado información sobre as súas vidas e logros son:
Julia Otero
Lucía Pérez
Olga Novo
Marica Campo
Tareixa Campo
Saleta Fernández López
Susana Rodríguez e
Montse Valcárcel

Agora o CEIP Ricardo Gasset porase en contacto con elas por se queren dirixirse aos nenos e nenas e trasladarlles algunha mensaxe. Desde o Concello do Incio danlle os parabéns ao CEIP Ricardo Gasset por esta iniciativa tan novidosa posta en marcha con motivo do Día da Muller.

Día da Muller colexio do Incio / concello do Incio

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...