HomeCulturaXoves de teatro en Monforte con “Macbech. O ruído e a furia”

Xoves de teatro en Monforte con “Macbech. O ruído e a furia”

O Concello de Monforte segue a desenvolver o ciclo de teatro neste primeiro trimestre do ano, cunha nova actuación que terá lugar este xoves día 11 de marzo no Edificio Multiusos a partir das 20.00 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O teatro segue sendo protagonista da actividade cultural deseñada polo Concello de Monforte no primeiro trimestre do ano 2021, contando coas medidas de seguridade necesarias ante o Covid-19 para a realización de cada unha das actividades programadas. 

Deste xeito, dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios correspondente ó primeiro semestre de 2021 en Monforte de Lemos, este xoves 11 de marzo ás 20:00 no Edificio Multiusos terá lugar a posta en escena da terceira das obras previstas para adultos: Macbech. O ruído e a furiada compañía Estudo Momento. Trátase dunha adaptación en verso, a cargo  de Manuel Lourenzo, da grande traxedia celta de William Shakespeare. A obra está protagonizada polos actores Xoán Carlos Mejuto, Luis Iglesia, Iria Ares, Carlos Sante e David Perdomo.

O prezo da entrada xeral para esta obra será de cinco euros e tres para desempregados, xubilados e estudantes. O aforo máximo do salón é de 110 persoas.

A seguinte obra do ciclo de teatro para adultos programado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte, sempre que as circunstancias sanitarias o permitan, será Feminíssimas da compañía De Ste Xeito Produccións que terá lugar o xoves 25 de marzo ás 20:15 horas no Edificio Multiusos.

ÚLTIMAS

Monforte anuncia corte na subministración de auga este 21 de abril no Polígono Reboredo, Piñeira e Distriz

O motivo deste corte é a realización de obras na rede de tubaxes co...

CV Ciudad de A Coruña gaña o Campionato Galego de Volei Feminino Cadete que se celebrou en Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel...

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...