HomeCultura"O desafío do Sil" este martes 23 na TVG2

“O desafío do Sil” este martes 23 na TVG2

TVG2 emite este martes ás 23.25 o documental “O desafío do Sil” dirixido por Domingo D. Docampo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“O desafío do Sil” foi un dos 7 proxectos mercados por CRTVG no paquete de medidas de apoio ao sector audiovisual e creativo adoptadas por CRTVG para contrarrestar os efectos da Covid-19.

O documental narra a construción das presas e centrais hidroeléctricas na conca do Sil pola empresa Saltos del Sil, e a transformación que sufriron as comarcas nas que se instalou. Baseado no libro de Susana Chávarri “A Construcción dos Saltos do Sil, 1945,1965” recolle material de arquivo da construción dos saltos e testemuñas de traballadores. 

Sinopse

En 1959, Alejandro del Campo, o enxeñeiro responsable dos proxectos de Saltos del Sil, durmía pouco. En xaneiro, un encoro de Eléctricas Moncabril sufrira unha rotura arrasando o pobo de Ribadelago na provincia de Zamora . Meses despois, o Sil baixaba con un caudal maior do previsto, e os encoros de Santo Estevo e San Pedro aínda estaban en construción. O enxeñeiro era consciente do perigo que se achegaba en forma de riada. A posibilidade dunha traxedia, agora en Ourense, era real. 

Mentras Diotino, empregado de Saltos del Sil, traballaba día e noite para mitigar os efectos da riada, os seus veciños labregos seguían as súas rutinas con normalidade. Non eran conscientes da catástrofe que rondaba ás obras. Tampouco da trasformación que ían soportar as comarcas e as súas vidas cando estas rematasen. 

ÚLTIMAS

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...