HomeCulturaMonforte celebra a Feira Medieval con dous vídeos

Monforte celebra a Feira Medieval con dous vídeos

Monforte presenta dous vídeos promocionais para recordar a Feira Medieval de Monforte que, debido ás restricións derivadas da crise sanitaria da Covid-19, non se pode celebrar na fin de semana da Semana Santa, é dicir, os vindeiros 3 e 4 de abril.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Á hora de promocionar a Feira Medieval, o Concello sempre se serve de 3 elementos esenciais para a súa difusión, como son o cartel oficial, o programa de actos e o vídeo promocional. Desta forma, o Concello apoiouse nun deses elementos, que vai servir de recordatorio para que non se esqueza a Feira, como é o vídeo promocional.

Na súa intervención, o Alcalde presentou 2 vídeos promocionais “cuxa elaboración foi feita dacordo a dous obxectivos claros: que non esquezamos a Feira Medieval e que ambos vídeos sirvan de impulso para que o ano que ben voltemos con máis forza, xa que agardamos poder celebrar a Feira Medieval de novo, sempre que as circunstancias da pandemia nolo permitan”.

Dunha banda, o Alcalde deu a coñecer o vídeo realizado pola empresa morfontina Amanita Studio, vídeo no que se leva a cabo a recopilación das mellores imaxes e dos mellores acontecementos de pasadas edicións de este evento, que leva sendo protagonista na Semana Santa monfortina durante 17 edicións. “Queremos, con este vídeo, poñer en valor o feito ata agora” indicou o rexedor municipal.

“O outro vídeo que rodamos, ten por obxectivo comunicar que non vai haber Feira Medieval neste ano, pero que estamos traballando xa para voltar con máis forza e máis folgos o ano que ven” salientou o Alcalde. 

O vídeo foi dirixido polo realizador vigués Fabián Figueroa, producido por Especialistas Hípica Celta SLL, e protagonizado por actores galegos famosos, como o son Antonio Durán Morris, Rosa Davila ou Rubén Riós, entre outros. Esta peza audiovisual foi rodada, ademais de en Monforte, nos concellos ourensáns de Ribadavia e Arnoia, e no pontevedrés de Soutomaior, é dicir, o vídeo gravouse en localizacións de tres provincias galegas.

“Son dous vídeos diferentes pero que se complementan, para ensalzar a nosa Feira Medieval, evitar que nos esquezamos dela e emprazarnos a unha nova edición, que agardamos poida ser no vindeiro ano 2022”, subliñou Tomé Roca.

Deste xeito, a ambos vídeos promocionais o Concello monfortino daralles dende hoxe a máxima difusión posible tanto nos medios de comunicación, como na web e nas redes sociais municipais, así como no MUPI da rúa Cardenal.

O Alcalde tamén resaltou que “a Feira Medieval de Monforte debe seguir medrando, co fin de acadar, dentro de 3 edicións, a declaración Feira de Interese Turístico Galego, algo que como saben a Xunta segue sen concederlle, exclusivamente por motivos políticos”.

-Vídeo recompilatorio Feira Medieval Monforte:

-Vídeo Feira Medieval de Monforte de Lemos 2021:

ÚLTIMAS

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...