HomeCulturaMayte Rodríguez, xornalista orixinaria da Pobra do Brollón, presenta poemario

Mayte Rodríguez, xornalista orixinaria da Pobra do Brollón, presenta poemario

A xornalista, con orixes na parroquia de Piño, presentará a obra "Hasta que llegue el silencio" na Librería Pelayo de Monforte o 23 de abril ás 19:00 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Librería Pelayo de Monforte retoma as súas actividades culturais cunha nova presentación literaria aproveitando a celebración do Día do Libro este venres 23 de abril.

O poemario que se presenta é unha escolma de poemas de corte intimista no que conviven as emocións co existencialismo e o conflito que esperta o hábitat urbano no bule bule do seu día a día.

Nel atópanse referencias ao amor, dende diferentes prismas, e outros temas como a ilusión, a crise, a esperanza ou a decepción. “Versos libres voando sobre o papel, versos sobre o devir dos sentimientos”, en palabras da autora para a que a poesía é a expresión dos sentimentos, a linguaxe mesmo da alma. “Unha linguaxe propia, libre e sen complexos nin normas que cumprir”.

A AUTORA

A actividade profesional de Mayte Rodríguez foi moi intensa e ata que a COVID dixo “alto” non atopara o momento para dedicarlle un espazo á escritura, unha das súas afeccións.

Esta xornalista da Pobra do Brollón reside e traballa en Madrid onde se dedica á edición de revistas técnicas nacionais, organizando ademais congresos no eido da mobilidade e do transporte público por todo o estado.

Galicia é para la autora terra de “bágoas, terra de choiva, terra de infancia e de mocidade tinguida de lembranzas e morriña”, sentimentos que quedan reflectidos moi ben no seu poema final “De bágoas na choiva”.

A pandemia e la situación xerada en cidades como Madrid foron propicias para a edición e publicación deste poemario tinguido de emocións que, en palabras da autora “levaranos a vivir momentos de amor e desamor constantes”.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...