HomePolíticaEn tempada alta... e sen abrir

En tempada alta… e sen abrir

O Centro de Recepción aos peregrinos sen abrirse, os camiños da ruta na entrada a Monforte sen adecentarse, fontes como a de Riseco sen sinalizar e informar da súa potabilidade,...e todo esto en tempada alta da mostra do nada que lle importa ao equipo de goberno o Camiño de Inverno, segundo apunta o PP local.

Publicado o

- Advertisement -

O Grupo Municipal do PP en Monforte denuncia que o goberno local continue sen abrir o baixo do hotel Comercio como centro de recepción aos peregrinos e se paguen 300 euros ao mes para mantelo pechado. Segundo os populares o alcalde, José Tomé, torpedea constantemente o que ten que ver co Camiño de Inverno; por eso está o centro de recepción pechado en tempada alta e cos camiños municipais que forman parte da ruta na súa entrada a Monforte en mal estado, cheos de maleza e auga; ofrecendo unha mala imaxe do municipio.

Julia Rodríguez do PP monfortino asegura  que levan moito tempo denunciando o mal estado do Camiño de Inverno ao seu paso por Monforte e que agora no verán, súmanse a esas críticas os usuarios, coas queixas que fan nas redes sociais, principalmente no grupo do Facebook Camino de Invierno.

Segundo os populares locais a Xunta podería ter colaborado en solucionar algunha deficiencia, como está facendo noutros concellos limítrofes, pero no caso de Monforte nin se ten solicitado esa colaboración. Para Julia Barreira eso é un claro sinal de que o rexedor local, José Tomé, e o seu equipo non queren ver a trascendencia presente e futura desta ruta de peregrinación e as repercusións positivas que ten e terá para todo o territorio.

ÚLTIMAS

“O encontro de Sober” analiza durante dous días a relación rural-industria

No encontro destacábase que o 95% do territorio galego é rural, unha singularidade a...

‘Foliada Guímara’ en Pacios da Veiga

As Foliadas Guímaras son unha iniciativa que impulsa o Concello da Pobra do Brollón...

12 creacións e 3 participantes nas coplas para celebrar ‘Os maios’ en Monforte

O pasado mércores 7 de maio celebrouse en Monforte unha nova edición do Concurso...

O PP critica “os 18 anos de abandono” de Augas Mestas

Este área recreativa, construída no ano 1996 pola Deputación cun goberno popular, tiña como...