HomeCulturaA infancia de Rosalía nunha peza teatral en Quiroga

A infancia de Rosalía nunha peza teatral en Quiroga

Será o vindeiro sábado, día 24 de abril, ÁS 19:00 h. no Auditorio Municipal, e a actividade enmárcase dentro do 'Día Internacional do Libro'.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A representación da obra de teatro “Rosalía” é unha produción de Culturactiva e está dirixida por Fina Calleja,  ligada á compañía Sarabela. As actrices que forman o reparto son Rocío González e Cristina Collazo, dúas coñecidas dos escenarios nos últimos anos tanto en teatro, coma cine ou televisión.

A OBRA

Os primeiros anos de Rosalía de Castro son o eixe central da obra de teatro, unha peza indicada para público infantil. O obxectivo principal é amosar o que foi a infancia da escritora para que os nenos e as nenas descubran en ‘Rosalía’ a unha nena alegre, forte e curiosa como eles/as, que vive, xoga e goza da infancia.

María Rosalía Rita tamén foi nena. As biografías non o contan, pero unha das grandes voces literarias da historia tamén foi nena e foi nena que  cantaba e xogaba, que lía e comía chocolate. Esta Rosalía que aínda non necesitaba apelidarse de Castro e que está a piques de irse a Santiago é a protagonista desta obra de teatro que quere contarlles ás nenas e nenos que a infancia é o lugar onde crecen as poetas: entre a rebeldía, as lecturas, a curiosidade, o xogo e as cancións con rimas e sen autor.

Esta actividade está patrocinada pola Deputación Provincial de Lugo, a través do programa que a Vicepresidencia e Área de Cultura organiza para  conmemorar o Día de Rosalía e que se desenvolve nesta ocasión en colaboración co Concello de Quiroga.

Cartel

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...