HomeCultura'Flores e fobias' o debut discográfico de ALE, músico da Pobra do...

‘Flores e fobias’ o debut discográfico de ALE, músico da Pobra do Brollón

O músico orixinario de Salcedo, Alexandro González, presenta así o seu primeiro traballo dun proxecto en solitario. Reivindica o pop-rock de raíces atlánticas e confesa que lle gusta que se recoñeza a Andrés Calamaro ou a Fito Páez nas cancións do disco.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

ALE, cantante e compositor do grupo Los Árboles e vinculado tamén a outras bandas da escena independente como MeuEspiño, Pardo ou Sensacional, lánzase co seu primeiro disco en solitario.

Nel reivindica o pop-rock de raíces atlánticas. “As miñas influencias veñen de distintos lugares pero é certo que escoitei moita música arxentina e latina en xeral e espero que iso se note”, explicou o músico á axencia Europa Press. O artista, recoñece así as súas principais referencias e confesa: “Gústame que se recoñeza a Andrés Calamaro ou a Fito Páez nestas cancións”.

Ademais das influencias chegadas desde o outro lado do charco, nas cancións de ‘Flores e fobias’ tamén hai numerosas referencias que evocan ao pop-rock español dos 80 e dos 90, á vez que son evidentes outras sonoridades próximas ao soul e ao R&B.

ALE incidiu no piano como instrumento principal, integrándoo nun son o-fi con sintetizadores e guitarras que se confunden entre si e cunhas melodías de voz completamente atemporais, para a composición e a produción destas cancións. “Recuperei a miña esencia e a miña forma de compor de outrora. Deime conta de que ese son, dalgunha maneira máis lixeiro, era o que eu buscaba para este disco e para este proxecto”, comentou o músico orixinario da Pobra do Brollón.

Como adianto, tamén se está a difundir o videoclip de Vagabundo, unha das novas cancións de “Flores y fobias“. O vídeo, protagonizado pola actriz María Tasende, foi gravado e montado por el mesmo dun xeito case doméstico durante o mes de peche perimetral.  

Máis información sobre esta novidade discográfica en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...