HomeCulturaEntre rosca, viño e produtos típicos pasa a fin de semana en...

Entre rosca, viño e produtos típicos pasa a fin de semana en Sober

Publicado o

- Advertisement -

O sábado 11 de agosto dá comezo a XXIII edición da Feira da Rosca de Sober onde se poderán mercar outros produtos típicos da zona como é o mel. Durante a xornada, na cal tamén se inaugurou o Túnel do Viño de Sober -no que participan 30 adegas con máis de 50 referencias-, estiveron presentes Luis Fernández Guitián, alcalde de Sober, José Manuel Rodríguez, presidente do Consello Regulador da Ribeira Sacra, a secretaria do Parlamento, Raquel Arias, os sumilleres Humberto Loureiro e Bruno Lobelle ademais de dous expertos en caldos, Luis Paadín e Hernández Mañas.

Inauguración do II Túnel do viño Amandi / Concello de Sober

Durante a fin de semana, un total de 16 postos estarán presentes nas rúas de Sober para facer as delicias dos asistentes. 3 rosqueiros, 2 oleiros de Gundivós, 2 produtores de mel, 4 artesáns, 3 queixeiras e 2 produtores artesáns da castaña e derivados, ofrecerán as súas elaboracións a todos os que se acheguen ós seus postos.

A programación para o sábado 11:

  • 19:30 horas. Carlos Javier González, cociñeiro do Restaurante Merenzao, celebrará unha mostra de cociña no centro sociocultural baixo o nome de A rosca de Sober no resturante.
  • 21:00 horas. Procederase á apertura dos postos de artesáns.
  • 22:00 horas. Actuación do grupo Vai en concerto.
  • 23:00 horas. Degustación gratuíta de rosca con licor café e mel.

Para o domingo 12, a programación é,

  • 10:00 horas. Disparo de bombas de palenque e ás 10:15 procederase a apertura dos postos.
  • 10:30 horas. Demostración de cestería en vivo ca colaboración do CENTRAD da Deputación de Lugo.
  • 12:00 horas. Comenzará o espectáculo de teatro na rúa Duncan de Palleiro.
  • 12:30 horas. Actuación do grupo de música tradicional Os Valuros.
  • 13:00 horas. Degustación gratuíta de 2.000 racións de rosca con queixo.
  • 13:30 horas. Segundo pase do grupo de musical Os Valuros.

 

 

 

ÚLTIMAS

Preséntaselle aos concellos o proxecto Turembalses para potenciar o turismo de encoros

“Turembalses dotará ao turismo rural do noso territorio dun elemento de diversificación e atractivo,...

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...