HomeCulturaAutores da contorna, protagonistas do 17 de maio en Monforte

Autores da contorna, protagonistas do 17 de maio en Monforte

Presentación de “Elpis na Lareira” na Librería Pelayo e sinatura de exemplares de “Alma de Barro. Relatos da Ribeira Sacra”, na Librería Agrasar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Aproveitando o Día das Letras Galegas, librerías de Monforte aproveitarán para ofrecer diferentes actividades literarias.

No caso da Librería Agrasar, abrirá de 11:00 a 14:00 h. e ofrecerá un desconto do 10% na adquisición de libros en galego, alongando ao martes 18 esta mesma oferta. O luns 17 de maio estará presente en horario de 12:00 a 14:00 h. a escritora de Gundivós, no Concello de Sober, Moncha Prieto, que asinará exemplares do seu libro “Alma de Barro. Relatos da Ribeira Sacra”.

Portada do libro de Moncha Prieto.

Un libro que promete e que foi prologado polo prestixioso e histórico catedrático de Filoloxía Románica, Galega e Portuguesa na Universidade de Barcelona, Basilio Losada.

Anticipo do prólogo que aparece na páxina web da Editorial Xerais:

“Ao ler Alma de barro. Relatos da Ribeira Sacra, tiven a impresión de que apreixaba nas mans un libro dun valor impresionante. O idioma é espléndido. Poucas veces lin un galego tan puro, tan perfecto. Unha obra merecente de converterse nun clásico en galego. Unha obra que non podía permanecer agochada, que ten que saír á luz. É unha impagable homenaxe á terra, ás fermosísimas paisaxes da Ribeira Sacra, pero tamén á obra humana, á recuperación do labor dos devanceiros e sobre todo da lingua. A lingua na que expresaban as súas esperanzas, o seu desacougo, a súa idea da morte e da vida”.

Na Librería Pelayo, o mesmo 17 de maio, presentarase o libro “Elpis na Lareira”, do escritor do Courel, Jesús Alfonso Parada Jato. Será o seu segundo poemario, tamén publicado por Peruchela Edicións.

Jesús Alfonso Parada Jato asinando exemplares dunha presentación anterior.
Foto: Librería Pelayo.

Un limiar que transmite a esencia das antigas lareiras e 24 títulos que nos achegan á memoria momentos cotiáns, árbores, animais e aveños dun rural galego moi presente en toda a obra.

O acto de presentación, que terá lugar ás 16:00 h., contará coa presenza do autor e retransmitirase en streaming polas redes sociais da Librería Pelayo. O aforo para este acto é de 10 persoas polo que os interesados e interesadas en asistir en directo terán que reservar praza.

Segundo refire a responsable da editorial: “é unha satisfacción poder colaborar na recuperación da nosa lingua e das nosas letras nunha data tan importante como é o 17 de maio, coa presentación dunha nova obra en galego”.

ÚLTIMAS

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...

O PP pide tomar medidas na apertura da liña Ourense-Lugo e condena a “desconexión” do Goberno de Sánchez coa provincia

O alcalde do concello de Pantón, José Luís Álvarez, trasladou aos deputados do PP...

Gourmet Gallego inaugura a nova tenda de Monforte

A apertura de Gourmet Gallego congregou a numerosos asistentes, entre eles clientes, provedores, amigos,...

Proxección de “La violencia invisible” e coloquio este 23 de novembro en Quiroga

Aproveitando a conmemoración do 25N, “Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero”,...