HomeCulturaSábado cultural en Sarria

Sábado cultural en Sarria

O concello participa nun acto de homenaxe ao poeta Lois Pereiro pola mañá, e pola tarde organiza un espectáculo de narración oral na Praza da Vila.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O luns 24 de maio cumpríronse 25 anos do pasamento do poeta Lois Pereiro, intelectual que foi homenaxeado no día das Letras Galegas hai. Coincidindo con esta efeméride o Ateneo Casino de Monforte organizou varios actos.

Un deles é un acto expansivo que, sobre a figura deste poeta, vaise celebrar este sábado 5 de xuño ás 12:30 h. en varios puntos da xeografía galega o mesmo día e á mesma hora. O Concello de Sarria, que participa no mesmo, organizará a súa achega coa colaboración da Biblioteca Fiz Vergara Vilariño e de Radio Bolboreta do IES Gregorio Fernández.

ESPECTÁCULO DE NARRACIÓN ORAL / SINOPSE

“Sentido común”, esta é a proposta que trae a Sarria a produtora Tarabela Creativa da man dos contadores Ángeles Goás, Dani Blanco e Carmen Conde. Será ás 19:00 h. na Praza da Vila, e en caso de choiva realizarase na Casa da Cultura.

“Sentido común”: o menos común dos sentidos… Segunda acepción: sentimento de pertenza á comunidade. Terceira: sentimento do corrente, do normal, do ordinario. E alí, xusto alí –por riba de todo, por baixo do aparentemente notorio– é onde nacen as historias grandiosas de verdade.

Este espectáculo quere recuperar, recontar e relembrar a todos e todas esa pequena xente que fai grande o mundo, para que non se esqueza da súa memoria, para que todas e todos lembremos que temos algo que contar. “Nós somos as comúns”.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...