HomeCulturaSober homenaxea á muller rural galega con "Nosoutras"

Sober homenaxea á muller rural galega con “Nosoutras”

O Concello de Sober programa para o sábado día 26 o acto de presentación do proxecto ‘Nosoutras’, que nace co obxectivo de homenaxear ás mulleres do rural galego e visibilizar as condutas machistas que xerminan neste contexto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

‘Nosoutras’ vai ser presentado en dous formatos, trasladando as palabras ao formato papel e tamén, nunha segunda fase, a través dunha peza audiovisual. En “Nosoutras”, seis testemuñas femininas narran, con auténtica humildade e sinceridade, a súa historia de vida e como lles ten infuído o feito de ser mulleres.

O sábado 26 de xuño as 19:00 horas presentarase no salón de actos do Concello de Sober un anaco deste proxecto, amosando e entregando a vida destas mulleres mediante as palabras escritas e invitando así á reflexión sobre o papel feminino na sociedade.

Para participar no acto e, debido a situación xerada pola Covid-19, o aforo limitarase, sendo necesario reservar praza por vía telefónica, chamando ao 982 460 513 ou ao 628 055 236 de 08:00 a 14:00 e de luns a venres. 

O prazo para anotarse remata o día 23 deste mesmo mes. No caso de que se exceda o aforo, programarase unha nova sesión, que se comunicará previamente.

A actividade está financiada pola Secretaría de Estado de Igualdade dentro do marco do Pacto de Estado pola Violencia de Xénero e a súa planificación e elaboración executouse dende os Servizos Sociais do Concello de Sober coa colaboración e contratación da educadora social, Selene Arias Sáez.

ÚLTIMAS

Lemos Le celebra o Día das Bibliotecas co lema: “Contra a desinformación, bibliotecas”

Unha das datas máis importantes para o colectivo, é o 24 de outubro, Día...

Do 23 ao 25 de outubro Monforte acolle as Xornadas Lactouras

As Xornadas comezan este xoves, 23 de outubro, cunha exhibición gastronómica e degustación a...

‘Día de Bruxas’: unha emotiva e máxica xornada que homenaxeou á ‘Meiga de Torbeo’

A aldea de Torbeo foi, o pasado 18 de outubro, protagonista dunha xornada cultural...

Comeza unha nova tempada do Programa Integrado de Emprego de Chantada

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada (PIE) inicia a súa actividade...