HomeCulturaMobilibidade e urbanismo a debate no Ateneo Casino

Mobilibidade e urbanismo a debate no Ateneo Casino

Os vindeiros días 25 e 26 de xuño celebraranse as xornadas ‘Pensar Monforte’, sobre mobilidade e rexeneración urbana, en colaboración coa Universidade da Coruña, que expedirá un diploma acreditativo aos asistentes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As xornadas están dirixidas por Manuel Docampo, profesor de Socioloxía Urbana e Ordenamento do Territorio na Universidade da Coruña. Contarán coa presencia de expertos en mobilidade e urbanismo como Encarnación Rivas Díaz, Directora Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, quen fará a presentación das mesmas e acompañará aos asistentes a un roteiro urbanístico na xornada inaugural xunto con outros dous poñentes.

A actividade, promovida pola plataforma cidadá Salvemos O Malecón, divídese en tres grandes bloques, titulados ‘A mobilidade que vén’, ‘Rexenerando a cidade’ e ‘Propostas’, nos que haberá charlas impartidas por expertos en arquitectura, xeografía, socioloxía e historia, así como mesas redondas e debates nos que participarán concelleiros de Urbanismo doutros Concellos galegos.

Na sesión de tarde do día 26 a coñecida periodista Manola Porto presentará e moderará unha mesa redonda á que foron convidados a participar todos os partidos políticos con representación no pleno municipal.

A inscrición a estas xornadas será gratuíta, e os asistentes recibirán un diploma acreditativo de 20 horas de formación expedido pola Universidade da Coruña.

Debido ás limitacións de aforo derivadas do Covid-19, será preciso inscribirse previamente, podendo facelo no teléfono 648 435 033 ou cubrindo o formulario que atoparán no enlace bit.ly/2TAG504.

As xornadas serán en horario de 10:00 h da mañá a 20:30 h da tarde. É posible inscribirse na totalidade das xornadas ou de forma parcial en sesións concretas.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...