HomeCulturaGran noite de música de bandas en Pantón

Gran noite de música de bandas en Pantón

Será a noite deste sábado 3 de xullo na Praza do Concello ás 22:00 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Pantón segue coa programación musical de verán para amenizar as noites da fin de semana e contribuír así tamén á dinamización económica da hostalería local.

Este sábado 3 de xullo actuarán na Praza do Concello ás 22:00 h. dúas Bandas de Música, a Banda de Vilaboa e a Banda de Chantada.

Banda Municipal de Chantada. Foto: Facebook BMC

Por mor das normas sobre concertos que vai actualizando o Comité Clínico da Xunta da Galicia, o espectáculo realizarase de acordo as seguintes obrigas:

-Reserva anticipada de praza no teléfono 982 45 63 77.

-Os asistentes deberan de permanecer sentados con máscara.

-Non se permite fumar, comer nin beber durante o espectáculo.

-Deberán de facilitar nome, DNI e teléfono, datos que o concello custodiará durante 30 días como esixe a normativa anticovid da Xunta de Galicia.

Ademais do Concello de Pantón, colaboran a Xunta de Galicia a través do Xacobeo 21-22 e a Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...