HomeCulturaFestival Atlántica: 'Contos no Camiño' en Sarria

Festival Atlántica: ‘Contos no Camiño’ en Sarria

Este domingo 4 de xullo o narrador de Guadalaxara, Pep Bruno, contará historias na Praza de Santa Mariña.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Festival Internacional Atlántica, considerado coma un dos mellores festivais de narración oral da península, chega a Sarria.

Este domingo, 4 de xullo, estará na vila o narrador de Guadalaxara, Pep Bruno que anda a facer o Camiño de Santiago. Fará unha parada para contar as súas historias, relatos para público familiar, na Praza de Juan María López, onde a Igrexa de Santa Mariña ás 21:00 h. Entrada de balde ata completar aforo.

O NARRADOR

PEP BRUNO é un barcelonés afincado en Guadalaxara, é licenciado en Filoloxía Hispánica, Teoría da Literatura Comparada e diplomado en Traballo Social. Comezou a contar contos en 1994 e desde aquela xa percorreu numerosos festivais de todo o mundo compartindo historias para nenos e adultos.

Compaxina a súa actividade como narrador coa súa faceta de blogueiro e coa impartición de cursos, conferencias e obradoiros literarios e de creación. Tamén organiza actividades de animación á lectura, escribe artigos de reflexión en revistas especializadas e colabora decote cos medios de comunicación. No ano 2010, coa obra ‘La familia C’, ganou o III Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado outorgado pola Editorial Kalandraka en colaboración co Concello de Santiago. Os seus libros están traducidos a máis de dez linguas.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...