HomeCulturaComezan as tardes musicais no Círculo Saviñao

Comezan as tardes musicais no Círculo Saviñao

O dúo musical Minguante, formado por Miguel Alonso e Óscar Martínez, vén de actuar na terraza de verán do Círculo Saviñao, dando comezo a estas tardes musicais que a sociedade de Escairón ofrece aos seus socios e veciños durante os meses de xullo e agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Minguante ofreceu versións doutros grupos e autores e tamén composicións propias do seu último disco e doutros de Miguel Alonso, como ‘A noite dous cans’ (2010), ‘Como deuses de alugueiro’ (2014) e ‘Literaria’ (2019), no que musicaliza a diferentes poetas galegos actuais. Durante a actuación contaron tamén coa colaboración nalgún tema de Irene Quinteiro, quen actúa co apoio de Miguel na sesión de contacontos ‘Música miúda’ para nenos.

O vindeiro sábado 10 de xullo estarán na terraza, tamén ás 8 da tarde, o dúo conformado por Lorena do Val e Gonzalo Ferreiro . O 17 de xullo será Sergio Alba quen ofrecerá a súa actuación musical “Favoritas”. O 24 contarase coa Pequena Compañía, dúo formado por Sergio Ariel Rodríguez Riarte (guitarra e voz) e Amor Herrera (trombón e percusión).

O venres, 30 de xullo, o grupo A Quenlla, ofrecerá o concerto “Trobador non Camiño, as cantigas de Martín de Pradozelos”, traballo que aborda a creatividade musical, a interpretación e a gravación de textos de Martín de Padrozelos, quen se cre que foi o primeiro trobador galego-portugués de finais do século XI con referencia escrita. A actuación está facilitada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...