HomeCulturaSelo personalizado de Lois Pereiro na conmemoración do 25 aniversario do seu...

Selo personalizado de Lois Pereiro na conmemoración do 25 aniversario do seu pasamento

O poeta monfortino Lois Pereiro xa ten o seu propio selo. Para conmemorar o 25 aniversario do seu pasamento, o Ateneo Casino encargou a Correos a realización dun selo especial, personalizado cun deseño de Amanita Studio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Parte da tirada dos selos xa están en circulación, xunto coa postal tamén creada especificamente para a ocasión e que loce un verso do poeta. Con estas postais respondeuse ás decenas de postais recibidas no Ateneo nas últimas semanas dende lugares de todo o mundo, tralo anuncio que se fixo dende as redes sociais.

“Tratándose dun poeta tan viaxeiro como Lois Pereiro, é fermoso pensar que estes postais e selos están agora mesmo circulando polo planeta” comenta Xepe Rodríguez, un dos impulsores da iniciativa ‘25 anos con Lois Pereiro’.

Tralo acto expansivo que se organizou dende o Ateneo Casino con gran éxito de participación o pasado 5 de xuño, a entidade irá anunciando ó longo do ano máis iniciativas para marcar a efeméride.

ÚLTIMAS

Comeza a organización da XLIV Feira do Viño de Quiroga

Nesta primeira xuntanza púxose en marcha a maquinaria que moverá esta cita de exaltación...

Cortes de tráfico esta fin de semana nas rúas monfortinas Doutor Casares e Doutor Teijeiro para reparacións do firme

No caso da rúa Doutor Teijeiro, o tramo afectado é o comprendido entre o...

“O tamaño do Gran Fachón non se desvela ata o propio día”, Sara Inés, Alcaldesa de Castro Caldelas

Como cada ano, e para non faltar á tradición, o 19 de xaneiro celebrarase...