HomeCulturaXela Arias viste Monforte

Xela Arias viste Monforte

A exposición “Xela Arias. A poesía do retrato” chega ao Parque dos Condes de Monforte ata o 2 de agosto. A mostra, con fotografías de Xulio Gil e poemas de Xela Arias, consta de vinte paneis nos que as imaxes en branco e negro da autora dialogan con versos da súa obra poética.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As fotografías retratan a autora sarriá posando con determinación e sen artificios ante o obxectivo de Xulio Gil cando tiña entre 26 e 40 anos, tempo que compartiron como parella artística e persoal. Trátase de imaxes tomadas para seren socializadas en revistas, libros ou noutros soportes, que se mostran por primeira vez en formato expositivo por iniciativa da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

“Optamos por este formato exterior e itinerante, coa intención de achegar a obra de Xela Arias a todo tipo de público e de manter a atención sobre o seu traballo máis aló do Día das Letras Galegas. Durante todo o ano, incluso mentras saudamos xa a elección de Florencio Delgado Gurriarán como homenaxeado no 2022”, explicou a vicepresidenta Maite Ferreiro no acto de inauguración da mostra.

As fotografías e poemas preséntanse impresos en paneis metálicos, encadrados en macromarcos de aceiro galvanizado sobre peanas de formigón. Un formato deseñado por Ouvirmos para a instalación da mostra en espazos exteriores e a itinerancia polas distintas comarcas

Monforte é a cuarta parada da exposición, tras o seu paso por Sarria, Lugo e Chantada, desde a súa inauguración o pasado 1 de maio. A itinerancia continuará nos seguintes meses, coa presenza da exposición en Ribadeo e Viveiro.

Ademais da mostra, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo colaborou nun libro catálogo de título homónimo, coordinado por Xosé Enrique Acuña e editado por Engaiolarte, que recolle unha escolma máis ampla de retratos e fotografías

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...