HomeTerra de LemosMonforteMonforte de Lemos, escenario de catro espectáculos escénicos para desfrutar do sector...

Monforte de Lemos, escenario de catro espectáculos escénicos para desfrutar do sector cultural galego

É un doc concellos no que un total de 35 compañías levarán máis de corenta espectáculos no segundo semestre do ano.

Publicado o

- Advertisement -

A Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA) ofrece para o segundo semestre de 2021 un total de 46 actuacións escénicas de 35 compañías en seis municipios lucenses. A programación, cofinanciada pola Xunta de Galicia, mobiliza unha inversión en contratacións de máis de 146.000 euros. Na provincia están adheridos a este circuíto de distribución de espectáculos promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade os concellos de Lugo, Ribadeo, Burela, Monforte de Lemos, Foz e Viveiro.

Ao longo do primeiro semestre programáronse outros 55 espectáculos nestes municipios. Pese a que as restricións sanitarias obrigaron a adiar numerosas citas en toda Galicia, a gran maioría foron reprogramadas dentro do mesmo período e outras foron trasladadas para este segundo tramo.

Ao respecto, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, subliñou a importancia desta iniciativa “que axudou a manter a actividade cultural mesmo nos meses máis complexos, para beneficio do sector e, sobre todo, dos cidadáns que a puideron disfrutar de forma segura”.

CARTELEIRA

A práctica totalidade dos colectivos artísticos contratados proceden de Galicia e, por xéneros, o teatro familiar e para adultos é o que rexistra maior presenza, aínda que tamén se ofertan música, danza, novo circo e maxia.

A Sala Bahía de Foz abre o 16 de xullo a programación do segundo semestre con Galitoon e o espectáculo The show moscón. Esta sala acollerá 16 espectáculos ata decembro. O auditorio municipal Gustavo Freire de Lugo programa 13 actuacións dentro do circuíto.

No Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo prográmanse catro espectáculos, outros tantos no Edificio Multiusos de Monforte de Lemos, tres na Casa da Cultura de Burela e seis no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, que pechará a programación o 28 de decembro coa actuación do Mago Rafa.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Opinión: De anchoas, auga e emoción

Recentemente tivo lugar unha polémica referente ao chiringuito situado á beira do río Cabe,...

“Xornadas de literatura e poesía no Pazo de Tor”, os días 2 e 3 xuño

Co título “Xornadas de literatura e poesía no Pazo de Tor”,  o encontro afondará...

Comunicado do PP de Monforte respecto do Bar Anchoas

O expediente sobre esta instalación no Paseo do Malecón establece a obriga aos actuais...

A Piscina Climatizada Municipal de Chantada faise máis accesible

A Piscina Municipal de Chantada poñíase en funcionamento en decembro do 2002. As instalacións...