HomeCulturaA música de Abraham Cupeiro 'resoará' no Camiño Francés

A música de Abraham Cupeiro ‘resoará’ no Camiño Francés

Este luns, 19 de xullo, preséntase un ciclo de concertos do sarriao Abraham Cupeiro. Un proxecto artístico que conta coa colaboración da Mancomunidade de Municipios do Camiño Francés.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este luns, 19 de xullo, a partir das 10:30 h. presentarase na antiga prisión preventiva de Sarria “Resoando no Camiño Francés”, un proxecto artístico do músico Abraham Cupeiro.

Neste acto de presentación, xunto a Cupeiro, estarán o Alcalde de Sarria, Claudio Garrido; a concelleira de Cultura e Camiño, Reyes Abella; a tenente de Alcaldede Arzúa, Begoña Balado; o segundo tenente de Alcalde de Melide, Xosé Igrexas; o Alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada; o 2º tenente de Alcalde de Monterroso, Luis Mariño Castro; e a Alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias.

As devenditas autoridades representarán concellos que serán escenario deste ciclo de concertos. Na rolda de prensa ofreceranse os detalles e contidos das actuacións que Abraham Cupeiro realizará en diferentes emprazamentos patrimoniais dos Concellos da Mancomunidade de Municipios do Camiño Francés.

Ao remate do acto proxectarase un video promocional do ciclo de concertos e o artista protagonista fará unha breve demostración en directo con algún dos instrumentos ancestrais que resoarán no Camiño Francés.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...