HomeCulturaComezou o FanCine de Lemos, cinema fantástico dende a Ribeira Sacra

Comezou o FanCine de Lemos, cinema fantástico dende a Ribeira Sacra

Do 21 ao 25 de xullo desenvolverase en Monforte e Sober unha extensa programación de proxeccións e actividades divulgativas paralelas. Os escenarios desta edición serán os cinemas Hollywood, Ateneo Casino, Adegas Algueira (Sober) e Parque dos Condes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A presentación oficial tivo lugar este mércores 21 de xullo e correu a cargo do equipo do FanCine de Lemos no Multicines Hollywood de Monforte. A continuación proxectouse a película “Amigo”, de Óscar Martín, a súa primeira longametraxe de ficción. Para rematar esta primeira sesión do ciclo, o Ateneo Casino acolleu o pase da curta “Santa Sangre”.

De cara a este xoves 22 de xullo destaca unha xornada matinal cunha charla-café con membros de Crea, asociación galega de profesionais da realización sobre o cinema fantástico e a dirección cinematográfica. Será no establecemento Mon Come y Sueña de Monforte ás 12:00 h. Á mesma hora, pero no Ateneo Casino, terá lugar un interesante obradoiro sobre maquillaxe FX con Alberto Hortas.

No que respecta ás proxeccións, O Parque dos Condes monfortino acollerá dous pases de curtametraxes. Ás 18:30 h. dará comezo a primeira sesión oficial de curtas a concurso. Poderanse ver: ‘Dana’, de Lucía Forner Segarra; ‘Ella y la oscuridad’, de Daniel Romero; ‘Aurora’, de Sergio D’asensio; ‘Polter’, de Álvaro Vicario; ‘¿Sigues ahí?’, de Mónica Zamora; e ‘Meritum’, de Yago Mateo.

Ás 20:00 h. terá lugar charla arredor do panorama actual do cinema fantástico e estará moderada por Javier S. Donate participando tamén Sergio Morcillo, Santiago Taboada e Hugo Molero. A continuación, ás 20:30 h. poderase ver a longametraxe ‘A Night of Horror: Nightmare Radio’.

Como remate da xornada, unha das novidades desta edición: “Sesión Golfa” con película sorpresa. Trátase de rescatar un filme descoñecido para a audiencia pero que resulta ‘esencial’ na historia do cinema fantástico. Só aqueles que se acheguen vela saberán de que película se trata pois non se desvelará antes nada sobre ela.  Ás 23:00 h. no Ateneo Casino.

A programación completa pódese consultar na propia web do FanCine de Lemos.  

ÚLTIMAS

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...