HomeCultura"Para nós é unha honra cantar a nosa lingua de hai mil...

“Para nós é unha honra cantar a nosa lingua de hai mil anos”, asegura A Quenlla

A Quenlla vén de presentar no Círculo Saviñao as cantigas de Martín de Padrozelos, o trobador no Camiño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A terraza do Círculo Saviñao pechaba xullo coa actuación do grupo de música tradicional A Quenlla que interpretou as dez cantigas que foron musicadas por membros deste grupo, no marco do proxecto, “TROBADOR NO CAMIÑO. ANDARES POLA LÍRICA DE MARTÍN DE PADROZELOS” desenvolvido pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA), coa axuda da Xunta de Galicia, a
través de “O teu xacobeo”.

O grupo de músicos A Quenlla, con Baldomero Iglesias á cabeza, está
integrado por Tania Capón, Manuel Dopico, Yaiza Seijo, Paloma Suanzes e
Valery Zviarzhevich. A formación interpretou as cantigas musicadas, nove de amigo e unha de amor:  
1.       Id´oj´, ai meu amigo. Música de B. Iglesias Dobarrio, Mero. (2, 47)
2.       Eu louçana. Música de B. Iglesias Dobarrio, Mero. (3,10)
3.       Gran sazón. Música de Paloma Suanzes Garrido. (3,18)
4.       Madr´enviou-volo meu amigo. Música de Manuel Dopico. (3, 07)
5.       Amig´avia queixume. Música de Paloma Suanzes. (3, 18)
6.       Ai, meu amigo. Música de B. Iglesias Dobarrio, Mero. (3,37) 
7.       Por Deus, que non vos pés. Música de B. Iglesias Dobarrio, Mero.
8.       Amigas, sejo cuidando. Música de Tania Capón. (3, 17)
9.       Fostes-vos vós, meu amigo. Música de B. Iglesias Dobarrio, Mero.
10.     Deus, e que coidei a fazer. Música de P. Suanzes, Tania Capón e
Mero. (4, 08)

A Quenlla / Círculo Saviñao

Martín de Padrozelos foi un trobador medieval que naceu na segunda metade do século XI na parroquia de San Xoán de Lóuzara, dominio do Mosteiro de Samos, segundo os estudosos, o trobador pasaría parte da súa vida na contorna deste Mosteiro, un dos máis importantes centros relixiosos e de saber de Galicia, naquela época; e punto emblemático do Camiño francés a Santiago.

O concerto formou parte do Fondo de Proxectos do Xacobeo 2021-22, da Xunta de Galicia e ten entre os seus obxectivos a promoción da lingua e a cultura galegas. Remataron con dous poemas musicados de Xosé Lois García, presente no concerto (Carlos dos Santos), e de Álvaro Cunqueiro (A dorna). “Un luxo de actuación que os nosos socios e amigos aplaudiron e disfrutaron ata ven entrada a noite,” aseguran desde o Círculo Saviñao.

ÚLTIMAS

Un ferido nun accidente de tráfico na LU-109 en Monforte de Lemos

Un condutor resultou ferido este sábado en Monforte de Lemos ao impactar contra unha árbore o...

O IES A Pinguela participou nas ‘Rutas Científicas, Artísticas e Literarias’ do Ministerio de Educación

23 alumnos de 2º ESO A+B do IES A Pinguela remataron a súa participación...

‘Marida Maio’ ten que ampliar o aforo na súa 2ª convocatoria

As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, coñecidas como Marida Maio, celebraron este pasado xoves...

Adxudicada a mellora de 6 estradas provinciais en Chantada

A Xunta de Goberno aprobou a adxudicación, á empresa Fevisa Vías y Obras, da...