HomeCulturaFillas do Tabú en Pantón e cinecleta no Saviñao

Fillas do Tabú en Pantón e cinecleta no Saviñao

O venres 6 a Biblioteca Municipal do Saviñao organiza a actividade "A cinecleta: cóntame un cine" e o sábado día 7 na praza do Concello de Pantón contarase co show de narración oral "Tabú".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Biblioteca Municipal do Saviñao continúa en agosto co ciclo de actividades do Programa Ler conta moito deste ano, coa actividade A cinecleta: cóntame un cineo venres 6 ás 12 da mañá, coa que se repasará a historia do cinema mesturado con contos cinematográficos, coñecendo os fondos mariños das Illas Atlánticas, ou algún elemento da nosa historia máis próxima, proxectados desde a cinecleta.

Aplicaranse as medidas Covid establecidas para actividades culturais, polo que as prazas serán limitadas e deberán reservarse os días 4 e 5 presencialmente na biblioteca ou no teléfono 982 452324 en horario de 8:30 a 14:30.

E no Concello de Pantón, o vindeiro sábado, día 7, na praza do Concello contarase co show “Tabú”, un espectáculo de narración oral coa misión de transmitir as historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade das mulleres que son cimento da nosa terra. As que poden explicar o que somos agora nós: Fillas do Tabú. Un tendal para poñer ó clareo todas as intimidades.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...