HomeCultura‘Palito’, considerada a sucesora de Javier Krahe, na Cantina de Meán

‘Palito’, considerada a sucesora de Javier Krahe, na Cantina de Meán

Actuación moi recomendable desta cantautora galega, o vindeiro sábado 7 de agosto ás 20:30 h. neste establecemento do Saviñao.

Publicado o

- Advertisement -

‘Palito’ é o nome artístico de Alba Redondo, unha cantautora moi talentosa de Pontevedra que pode presumir de ter compartido escenario co gran Javier Krahe. Acompañouno como teloneira na súa última etapa antes de falecer no 2015, e para algúns entendidos é considerada como a súa sucesora.

Comezou na música como baixista dun grupo e tempo máis tarde decidiu cantar as súas propias cancións aderezadas con grandes doses de humor e sátira.

Nos seus concertos adoita presentarse acompañada pola guitarra de Javier López Guereña –Zahorí–, guitarrista que foi tamén de Javier Krahe, pero para esta ocasión, sábado 7 de agosto, chega á Cantina de Meán en solitario.

Tomamos prestada unha descrición do fotógrafo Tomás Cristóbal sobre ‘Palito’: “Menuda, tímida, risueña, con un halo de tristeza que a veces la ronda, enigmática, exquisita, frágil, sutil, culta… y a la par descarada, desenfadada, punzante, vivaz, de una inteligencia e ironía desmedidas que se gana tu simpatía a golpe de carcajada. Ese cóctel hace de la pequeña Palito una extraordinaria artista, limpia, natural, sin trama ni cartón”.

Para asistir á actuación prégase reservar con antelación no teléfono 678 50 52 19

ÚLTIMAS

Cor verde para conmemorar o Día Mundial do Cancro

Este mércores, na rúa Cardeal de Monforte celebrouse o acto central da programación do...

María José Gómez presenta en Chantada uha convocatoria “histórica” do programa Leader

Durante a visita, a conselleira explicou que proxectos coma o de Efigalia Energy exemplifican...

Seguen os martes de loita polo ensino no CEIP de Sober

Este martes as familias que teñen aos seus fillos/as escolarizados no colexio de Sober...

Este 5 de febreiro preséntase na Casa da Cultura de Chantada, “Todo por hacer” da xornalista Julia Varela

A autora, con máis de dúas décadas en RTVE e coñecida por ser a...