HomeCulturaBauhaus, poesía e Budismo na Libraría Pelayo de Monforte

Bauhaus, poesía e Budismo na Libraría Pelayo de Monforte

Este sábado, 7 e agosto, a partir das 4 e media da tarde a Libraría Pelayo de Monforte acolle unha charla obradoiro sobre Arte Áurico Bauhaus impartida polo artista multidisciplinar, Gerardo Pochintesta, experto en análise pictórico, onde se afondará nos métodos vangardistas en pintura e fotografía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A seguinte cita será o 12 de agosto ás 20.30 co recital presentación do poemario “Hasta que llegué al silencio” de Mayte Rodríguez, natural de Piño, na Pobra do Brollón. A cita será no bar 1º de Mayo deste concello.

Xa para o venres, 27 de agosto, ás 20.30 , a Libraría Pelayo contará cunha charla coloquio de achegamento ao Budismo, impartida por analista Reichiano e Terapeuta Gestático con 20 anos de formación dirixida en Budismo Tibetano. Na cita trataranse as 4 nobres verdades: a existencia do sufrimento, cas causas do sufrimento, a existencia do fin do sufrimento e a raíz do fin do sufrimento.

En todas as actividades contarase cunha variada representación de libros sobre a temática. Para participar é necesario reservar praza no 675 03 87 28 ou no correo info@libreriapelayo.com

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...