HomeCulturaExposición dos carteis das Festas Patronais de Monforte na casa da cultura

Exposición dos carteis das Festas Patronais de Monforte na casa da cultura

O cartel gañador, que encabeza a mostra, levou por pseudónimo “Alegría” e foi presentado por Rubén Alejandro Lucas García, que é un deseñador de Murcia. O concurso estivo dotado de 1.000 euros de premio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Casa da Cultura Poeta de Monforte acolle a exposición dos traballos presentados ó XXVI Concurso de deseño de carteis das Festas Patronais 2021. Permanecerá aberta ata o 27 de agosto, en horario de 10 a 14 e de 17 a 21 horas, para disfrute de visitantes e monfortinos.

Ó concurso presentáronse 28 traballos artísticos, a cargo de autores tanto de Galicia como doutras partes de España. O xurado que fallou o concurso, estivo constituído por representantes de diferentes empresas creativas de Monforte, así como persoal funcionario do propio Concello, e presidido pola Concelleira de Cultura.

O cartel que o xurado considerou como gañador, foi escollido polo seu colorido, pola alegría que transmite, así como pola súa orixinalidade. Do mesmo xeito, o xurado tamén tivo en conta que o cartel recolle todos os elementos representativos de Monforte: San Vicente coa Torre da Homenaxe, os Escolapios, a Virxe de Montserrat ou a Praza de España, así coma os característicos fogos artificiais. 

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...