HomeCulturaPoesía na Pobra do Brollón, música e cine en Pantón e obradoiro...

Poesía na Pobra do Brollón, música e cine en Pantón e obradoiro floral en Escairón

Este xoves preséntase na Pobra do Brollón o poemario Hasta que llegué al silencio, o concello de Pantón contará con actividades culturais venres e sábado e en Escairón a biblioteca acollerá este venres un obradoiro de elaboración de flores en tela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este xoves, 12 de agosto, preséntase na Pobra do Brollón o libro Hasta que llegué al silencio (Peruchela Ediciones), o primeiro poemario da xornalista Mayte Rodríguez. 

Mayte Rodríguez, natural da parroquia guímara de Piño, presentará o libro na terraza do restaurante 1º de Maio na Pobra do Brollón, este xoves 12 ás 20:30. O acceso é libre previa reserva de entrada no teléfono 650 624 828.

No concello do Saviaño, aproveitando a visita de Loli Guitián a Escairón, a antiga mestra de origami da biblioteca municipal ofrece un obradoiro de flores usando a técnica xaponesa de elaboración de flores de tela. Será este venres 13 ás 12 na biblioteca con aforo limitado, polo que é imprescindible reservar praza na biblioteca ou no teléfono 982452324. Será tamén indispensable cumprir o resto de medidas de seguridade durante o desenvolvemento da actividade.

E no concello de Pantón contarase nos vindeiros días con varias actividades, o venres haberá música na praza co grupo O Ventosiño, parte musical dos Xograres de Lemos. O concerto terá lugar a partir das 22.00.

O sábado a proxección de cine na rúa será as 23.00h co título Chicos buenos. Contarase con aforo limitado pola Covid19 polo que é preciso reservar no 982 456 377.

ÚLTIMAS

‘Día de Bruxas’: unha emotiva e máxica xornada que homenaxeou á ‘Meiga de Torbeo’

A aldea de Torbeo foi, o pasado 18 de outubro, protagonista dunha xornada cultural...

Comeza unha nova tempada do Programa Integrado de Emprego de Chantada

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada (PIE) inicia a súa actividade...

A Pobra do Brollón celebra o Día da Biblioteca con actividades o 23 e 24 de outubro

Andrea Nunes Brións, nada en 1984 en Marín, é activista, escritora e profesora de...

“Perdida no labirinto” de Violeta Bernardo amplía o proxecto de Soterradas en Tor

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, acompañado da xerente da Rede Museística...