HomeCulturaPresentación do tomo V da revista Alicerces

Presentación do tomo V da revista Alicerces

Este sábado, 14 de agosto, ás 20.30 no Círculo Cutural Recreativo de Chantada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Irmandade Cultural País do Faro organiza este sábado, 14 de agosto, a presentación de “Alicerces. Revista de estudos do Miño medio. Tomo V”. O acto terá lugar no Círculo Recreativo Cultural (primeiro andar) a partir das 20,30 horas e contará coa intervención do poeta Xulio L. Valcárcel, autor da portada deste número, e do director da Revista, Xosé Méndez Pérez. 

Malia o acontecido dende o fatídico marzo de 2020, dende a Irmandade seguen traballando para cumprir co compromiso de editar cada ano un tomo de Alicerces. E así o fixeron.

“Chegar xa a cinco tomos editados e ter prevista xa a edición do Tomo VI para finais de ano é un obxectivo que tiñamos marcado e que puidemos cumprir grazas o esforzo de toda a xente que colabora coa revista. Dende os autores, ata os impresores e, sobre todo, os lectores,” sinalan desde a Irmandade cultural País do Faro.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...