HomeCulturaExposición colectiva de pintores galegos e portugueses no Círculo Saviñao

Exposición colectiva de pintores galegos e portugueses no Círculo Saviñao

O Círculo Saviñao acolle a primeira exposición internacional de pintura. 17 obras de outros tantos pintores galegos e portugueses, maiormente membros da Associaçao da Amizade e das Artes Galego Portuguesa que preside Conceiçao Ruiva e con sede en Figueira da Foz.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na inauguración contouse cunha ampla representación de artistas chegados do país veciño e entregáronse certificados de participación e un obsequio ós asistentes. Andrés Montes, socio, amigo e cantante do grupo “Gin Toni’s”, interpretou unha peza galega e outra portuguesa.

A pintora Conceição Oliveira tivo a xentileza de ofrecer a súa obra, sobre a resposta social contra a pandemia, ó concello para o novo Centro se Saúde, e pechou o acto Conceiçao Ruiva, quen entregou uns libros da súa autoría e documentos da asociaciación para a biblioteca do Círculo Saviñao. 

Ata o 4 de setembro o público poderá ter acceso a unha mostra ampla do que se está a crear ós dous lados do Miño.

ÚLTIMAS

A Xunta e o concello do Páramo impulsan proxectos de interese municipal

A colaboración máis recente foi a pavimentación de accesos a San Mamede da Ribeira...

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...