HomesociedadeArias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, reuniuse este luns co alcalde de Taboada, Roi Rigueira, para abordar asuntos de interese municipal en materia de infraestruturas viarias e de vivenda.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora do firme en varios puntos da estrada autonómica LU-611, que conecta Taboada con Rubián (Bóveda). Os traballos acometeranse con cargo ao contrato de mantemento das estradas da zona sur da provincia de Lugo e comezarán cando melloren as condicións climatolóxicas.

Por outra banda, Arias informou ao rexedor da próxima publicación da orde anual de axudas a pequenos e medianos concellos para que rehabiliten edificacións da súa propiedade que están en desuso e as dediquen a alugueiro social. Esta edición increméntase nun 30% o importe máximo que se concederá para cada vivenda ata chegar aos 65.000 euros con carácter xeral. Nas zonas Rexurbe e áreas de rehabilitación dos Camiño de Santiago e a Ribeira Sacra, a contía alcanzará os 68.000 euros. A Xunta poderá cubrir ata o 95% dos gastos subvencionables.

Outro asunto tratado foron as colaboracións que ofrece a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para restaurar inmobles destinados a locais sociais. Arias concretou que anualmente se convoca unha orde de axudas para cooperar coas asociacións de veciños no acondicionamento dos espazos nos que realizan as súas actividades. O ano pasado resultaron beneficiarias 72 organizacións da provincia de Lugo que percibiron achegas por valor total de 653.200 euros. Entre elas figuran dúas de Taboada, San Blas de Tuiriz e Castro Celta.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...