HomeCulturaPaco Nogueiras en Carballedo

Paco Nogueiras en Carballedo

A actuación forma parte da programación “Verán Infantil” que promove a Deputación de Lugo. Trátase dunha iniciativa en colaboración con diferentes entidades asociativas da provincia e que inclúe propostas escénicas e musicais para a cativada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A  programación para público infantil promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo chega este luns 16 de agosto a Carballedo co espectáculo musical Extra!, de Paco Nogueiras. 

A actuación, organizada coa colaboración da Asociación Cultural O Bubaíño, será ás 18.00 horas no campo da festa de Castro e haberá entrada libre ata completar a capacidade do recinto. O lugar está habilitado dacordo coas normas de prevención fronte á Covid.

O ESPECTÁCULO

Trátase dunha proposta musical baseada no libro-cd do mesmo título, editado por Kalandraka Editora, que pretende achegar ás nenas e nenos ao mundo da prensa escrita e ao xornalismo. No espectáculo, as noticias cántanse e báilanse coa participación do público.

O músico e actor Paco Nogueiras explica que “Extra! é un “espectáculo concebido en época de pandemia, adaptado a realidade que nos tocou vivir, e pensado para que os nenos e nenas poidan interactuar e desfrutar desde as súas cadeiras”.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...