HomeCulturaFesta alternativa á espera do 50 Aniversario da ‘Noite Meiga’ en Sarria

Festa alternativa á espera do 50 Aniversario da ‘Noite Meiga’ en Sarria

A quincuaxésima edición desta tradicional festa que organiza a Asociación Cultural Meigas e Trasgos terá que esperar. Para non esquecer esta data, a terraza O Meigallo organiza unha xornada festiva o sábado 28 de agosto e tamén haberá unha versión reducida da Festa da Empanada e a ‘Tardiña Meiga’ o domingo 29.

Publicado o

- Advertisement -

Esta fin de semana tería que celebrarse por todo o alto en Sarria unha das tradicións festivas máis esperadas do ano, que ademais cumpriría os 50 anos. Por mor desta pandemia, o quincuaxésimo aniversario non se puido facer no 2020 e tampouco será posible neste 2021.

Segundo nos conta Julio Francisco ‘Gua’, da Asociación Cultural Meigas e Trasgos, “non podendo organizar unha Noite Meiga como de costume e por todo o alto para celebrar os 50 anos decidiuse esperar un ano máis”.

Para non esquecer esta fin de semana tan esperada de agosto, a terraza O Meigallo organiza unha xornada especial, ‘Día de Meigas e Trasgos’, o sábado 28. A entidade cultural sarriá colaborará neste evento e o domingo 29 celebrará a XI edición da Festa da Empanada no Lar Social de Meigas e Trasgos. Nesta xornada dominical haberá unha comida campestre con aforo controlado e a tradicional “Tardiña Meiga” para os máis pequenos e pequenas cun espectáculo musical infantil ás 19:00 h. a cargo de ‘Cozorellos Salvaxes’.

DÍA DE MEIGAS E TRASGOS

O sábado 28, como adiantamos, a terraza O Meigallo organiza o “Día de Meigas e Trasgos” cunha xornada gastronómica e musical moi completa coa participación de diferentes formacións tradicionais de Meigas e Trasgos, a charanga local Louband e a presenza de grupos da contorna como Os Parentes ou os Gin Toni’s.

Cartel xira 2021. Foto: Gin Toni’s

PROGRAMA

Ás 13:00 h. haberá unha sesión vermú que contará coa actuación do grupo de Gaitas e Percusión de Meigas e Trasgos, para a continuación ver en concerto ao grupo Os Parentes de Sober.

Ás 15:00 h. terá lugar o xantar popular ao que se accederá con reserva previa antes do mesmo sábado.

Ás 19:00 h. actuación do Grupo de Danza de Meigas e Trasgos.

A continuación, a partir das 20:00 h., haberá unha sesión nocturna de concertos aos que accederán de balde os socios e socias da Asociación Cultural Meigas e Trasgos. O resto de público terá que pagar 5 euros de entrada ata completar aforo.

Ás 20:00 h. actuará a charanga local Louband e ás 21:30 h. haberá unha queimada cortesía de Meigas e Trasgos.

A continuación entrarán en escena os Gin Toni’s, sobre ás 22:00 h. e xa ás 24:00, para poñer o ramo á xornada festiva estarán de novo os músicos de Louband.

ÚLTIMAS

Mans artesás, un programa para impulsar a artesanía na provincia

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en marcha un nova iniciativa de promoción...

A pregoeira da Festa do Caldo de Ósos de Taboada enxalza as súas propiedades curativas, “Estamos mellor ca nunca”

Mercedes Vázquez lembrou como a iniciativa naceu da asociación cultural O Carballo e pronto...

Medio Rural destaca as agrupacións forestais de xestión conxunta para evitar o abandono do monte

A conselleira que tamén estivo acompañada polo alcalde do Incio, Héctor Manuel Corujo, destacou...

O BNG de Pantón reclama ao Congreso solucións á situación de Santo Estevo do Sil

Desde o BNG consideran necesario solucionar os accesos a Santo Estevo do Sil e...