HomeCulturaAle presenta "Flores e fobias" este 29 en Salcedo

Ale presenta “Flores e fobias” este 29 en Salcedo

Este domingo 29 o músico salcedán, Alexandro González, volve á súa parroquia natal para presentar ALE, o seu novo proxecto en solitario. Xunto coa banda, ofrecerá un repertorio do primeiro álbum de ALE, Flores y fobias, lanzado en abril deste ano, e que mestura pop-rock con influencias de América Latina e cadencias de soul e R&B.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concerto forma parte da programación cultural que ofrece este verán o Concello da Pobra do Brollón. Ademais culmina unha semana de eventos en Salcedo para festexar o San Ramón. O concerto será ás 20:00 e en exterior, diante do Local Multiusos de Salcedo. O acceso é de balde, previa reserva por WhatsApp no teléfono 650624828.

ALE é o proxecto en solitario de Alexandro González, cantante e compositor do grupo galego Los Árboles. Leva mais de media vida vinculado á música, con proxectos propios e como intérprete para outras bandas do panorama independente como Meu, Sensacional, Espiño ou Pardo.

Compaxina esta parte da súa carreira musical coa docencia, con traballos como arranxista e produtor musical, e coa composición de música para o audiovisual.

Neste traballo ALE quixo incidir no piano como instrumento principal
pero integrándoo nun son Lo-Fi con sintetizadores e guitarras e cunhas melodías de voz completamente atemporais.

ÚLTIMAS

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...