HomeCulturaO Círculo Saviñao pecha os concertos de agosto con Carta de Ajuste

O Círculo Saviñao pecha os concertos de agosto con Carta de Ajuste

A situación epidemiolóxica obrigou a non dar uso o 25 % do aforo da terraza de verán. A pesar diso, o público asistente, formado por grupos de afinidade, foi suficiente para aplaudir a actuación do dúo lucense.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O grupo Carta de Ajuste– David Taboada e Iván Valdés – vén de ofrecer no Círculo Saviñao o seu espectáculo musical trufado con humor. Carta de Ajuste nace por accidente no ano 2010 como un proxecto baseado no
versionado de grandes éxitos da música pop-rock en español dos anos 80 e 90 en formato acústico.

David e Iván, influenciados por agrupacións musicais de corte cómico como Les Luthiers, Académica Palanca ou Los Gandules entre outros, pouco a pouco imprimiron no seu espectáculo un carácter máis teatral, humorístico e desenfadado que os levou a adaptar o seu repertorio a todo tipo de xéneros musicais, dende a rumba ou a música disco ata o funk, a música tradicional ou a lambada.

Este dueto presenta unha formación pouco usual tendo en conta o repertorio que defenden. Unha guitarra española, unha caixa peruana e dúas voces confiren ás versións adaptadas un son peculiar e característico que sorprende, abordando dende un punto de vista diferente cancións que levamos escoitando toda a vida. Contaron co apoio inesperado do director de cine e músico Fernando “Carriola”, coma David con orixes familiares no Saviñao.

Carta de ajuste no Círculo Saviñao / CS

ÚLTIMAS

Próximas citas de emprendemento e emprego na Ribeira Sacra

A Xornada de Talento Feminino no Rural que se celebrará en Castro Caldelas comezará...

A Conselleira de Medio Rural presenta en Matacás a nova convocatoria de axudas para manter a paisaxe na Ribeira Sacra

No miradoiro das Penas de Matacás, en Castro Caldelas, a Conselleira Maria José Gómez...

Este 16 de xaneiro preséntase en Chantada “Guía Micolóxica Básica da Provincia de Lugo”

A Irmandade Cultural País do Faro organiza para este venres, 16 de xaneiro, a...

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...