HomeCulturaSetembro de exposicións, música e literatura no Círculo Saviñao

Setembro de exposicións, música e literatura no Círculo Saviñao

Próximas actividades culturais no Círculo Saviñao.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este sábado, 4 de setembro, ás 7 da tarde, na terraza do Círculo Saviñao,
preséntase o libro “Lembranzas e Sentimentos” de Antonio Lois, escritor e
poeta que foi veciño de Castro de Mourelos (O Saviñao) e actualmente de
Barcelona. Tamén recitará algunha das máis recentes creacións e mostrará a súa faceta de creador audiovisual. Participou en numerosas publicacións
colectivas de poesía e colabora na revista mensual dixital pontevedresa “De
Vella a Bella”. Actualmente participa na Coletánea de Literatura e Artes
“Cultura sen Fronteiras” de poetas portugueses e españois.

O Domingo, 5 de setembro, ás 7 da tarde, inaugúrase unha nova exposición de Jesús Fernández López “Suso Talento”, que tamén foi veciño de Escairón, que titulou “Ribeira Sacra- Costa da Morte”.

O día 11, tamén ás 7 da tarde, O Círculo Saviñao pecha os seus concertos na terraza de verán cunha actuación do grupo vigués Broke Acoustic Covers. E dentro dun mes, o 3 de outubro, inauguraremos unha nova exposición de pintura do lucense, Maximiliano López.

ÚLTIMAS

Comeza o Circuíto Profesional de Teatro en concellos de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo fomenta a inclusión de teatro profesional dentro das...

Comeza a urbanización do Campo da Feira de Taboada

Nesta primeira intervención, lévase a cabo a construción dunha pequena praza no inicio da...

Espectacular axenda de outubro para celebrar o 25 aniversario do CC Ponte Vella

O Centro Comercial Ponte Vella, de referencia na Ribeira Sacra, presenta un amplo...

Chantada mellora o miradoiro Sobre Cabo do Mundo

A brigada de parques e xardíns acondicionou este miradoiro cambiando as estruturas de madeira...